Tuesday 17 de September de 2024

O Verán Cultural leva á Pobra animación de rúa e música nunha nova semana do mes de agosto


Máis alá da festa do Carme dos Pincheiros, A Pobra do Caramiñal vivirá xa a mediados desta semana dúas actividades ao aire libre adscritas ao Verán Cultural 2024. “A partir desta fin de semana mergullarémonos nun dos grandes festexos da nosa localidade, pero xa teremos antes dúas novas citas culturais”, declara a concelleira da Cultura, Patricia Lojo.

Troula Animación percorrerá o núcleo urbano con Pachamama no mércores 14, a partir das 21.30 horas. Unha carroza móbil cun batería animará o ambiente con ritmos electro-tribais, acompañado de catro marionetas xigantes, con coreografías, interacción co público e parada final con pirotecnia.

E Clara Pino & Pablo Vidal e Banda ofrecerán un concerto no xoves 15, ás 21.30 horas, no Cantón da Leña.